6º
Propostas de traballo para a semana do 20 de abril.
Hi, everyone! Que tal van os días? A pesares de que a situación se está facendo pesada, non esquezades que todo pasa e que todas as mestras e mestres temos un montón de ganas de volver a compartir os días con vós, para aprender, tanto eu de vós como vós de min, para rir, para que me contedes as vosas historias, as anécdotas, e para que xuntos e xuntas aprendamos un pouco máis de inglés.
Nas propostas desta semana inclúo moitas cousas que xa vimos na aula: Present continuous, adverbs of frequency and Past Simple. Comezamos?
PRESENT CONTINUOUS
Hi, everyone! Que tal van os días? A pesares de que a situación se está facendo pesada, non esquezades que todo pasa e que todas as mestras e mestres temos un montón de ganas de volver a compartir os días con vós, para aprender, tanto eu de vós como vós de min, para rir, para que me contedes as vosas historias, as anécdotas, e para que xuntos e xuntas aprendamos un pouco máis de inglés.
Nas propostas desta semana inclúo moitas cousas que xa vimos na aula: Present continuous, adverbs of frequency and Past Simple. Comezamos?
Nas propostas desta semana inclúo moitas cousas que xa vimos na aula: Present continuous, adverbs of frequency and Past Simple. Comezamos?
O presente contínuo era forma verbal que utilizabamos para referirnos ás actividades que estamos facendo agora, neste momento. "I am sleeping", "You are writing letters", "He/She is listening to music". Imos ver un vídeo de Mr. Bean para facer memoria!
De seguido, un pequeno reading para marcar se as oracións son verdadeiras ou falsas.
Reading - True or False, una ficha interactiva de MeritESLResources
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Por úlitimo unha ficha que require algo máis de atención. Mark é o noso protagonista. El normalmente segue a mesma rutina, pero hoxe... que lle pasará? Neste vídeo compara o Presente Simple (o que fai todos os días, always) co Presente Contínuo (o que está facendo hoxe).
Despois do vídeo, completaredes as oracións.
Present Simple vs. Present Continuous - Video, una ficha interactiva de MeritESLResources
liveworksheets.com
liveworksheets.com
ADVERBS OF FREQUENCY
Lembrades os vosos amigos adverbios de frecuencia? Indicábannos con que frecuencia (valga a redundancia) adoitabamos facer algo.
Vemos un pequeno vídeo e logo facemos unha actividade interactiva.
Daily routines, una ficha interactiva de mada_1
liveworksheets.com
liveworksheets.com
PAST SIMPLE
Por último, penso que é a parte que máis vos gusta. Para desconectar de todas as tarefas, escoitamos algo de música? Algo tranquilo, de Ed Sheeran, "Perfect". Nesta canción aparecen verbos en pasado...
Traballaremos con eses verbos nesta fichiña!
Perfect ed-sheeran, una ficha interactiva de nmciancaglini
liveworksheets.com
liveworksheets.com
E por último, pero non por iso menos importante (last, but not least, como din os ingleses), unha ficha sobre Miley Cirus, unha biogrfía curtiña en forma de vídeo para logo contestar unhas preguntas tipo test.
Miley Cirus short biography listening, una ficha interactiva de lorenagarcia
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Un bico e unha aperta moi grande para todas e todos vós!
Teacher Lucía.
_______________________________________
Welcome back! Propostas de tarefas para a semana do 14 de abril.
Hi, everyone! Como estades todxs? Agardo que tanto vós como as vosas familias esteades ben. Coma sempre, todo chega e todo pasa, e isto pasará. Volveremos vernos e abrazarnos, estou segura. Pero mentres tanto, e para que non vos aburrades moito, déixovos propostas de traballo para esta semana.
Para comezar, unha ficha interactiva para que non teñades que descargar nin imprimir nada. Trátase dunha worksheet que debedes completar coas dúas formas en pasado do verbo TO BE: was / were. Cando rematedes, clicades en "Finalizar" e xa tedes os resultados.
Lembrade:
I was
You were
He/She/It was
We were
You were
Para seguir, un crossword dos verbos irregulares. Tedes que buscar na sopa de letras a forma en pasado dos verbos que vos saen ao redor.
Irregular verbs wordsearch, an interactive worksheet by victor
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Aquí vos deixo tamén un vídeo como os que traballamos na aula, de iSLCollective. Unha curta de animación moi entretida!
Para que non todo sexa a través das pantallas, tedes tamén dúas fichas para facer. Lembrade que non fai falta imprimir todo, podedes velas na pantalla e usar calquera libreta para realizar as tarefas.
FICHA 1: Complete the sentence with the past simple.
FICHA 2: Past simple and stories
Lembrade ir estudando os verbos irregulares pouco a pouco.
Calquera dúbida ou aclaración, escribídeme ao meu correo: lucialouzaobrey@edu.xunta.es
Agardo vervos pronto,
Un bico e unha aperta enormes!
Teacher Lucía.
______________________________________________
Hello everyone!
Para amenizarvos a semana do 30 de marzo ao 2 de abril, propóñovos as seguintes actividades:
Deixovos varios arquivos con actividades da Unit 1, da Unit 2, da Unit 3 e da Unit 4. Dese xeito, repasamos todo o visto ata o momento. Non tedes que facelo todo nun día, lembrade que coñecedes os contidos.
LEMBRADE REPASAR OS VERBOS IRREGULARES pinchando aquí! E cando rematedes, anímovos a que fagades o seguinte cuestionario de google forms, moi sinxelo, para repasar algúns vervos.
Comentarios
Publicar un comentario