2º
Propostas de traballo para a semana do 20 de abril.
Ola, pequenos e pequenas! Como estades?Agardo que moi ben! A pesares de que a situación se está facendo pesada, non esquezades que todo pasa e que todas as mestras e mestres temos un montón de ganas de volver a compartir os días con vós, para aprender xuntos mentres xogamos e rimos.
Por aquí vos deixo as pequenas tarefas para esta semana. Así imos repasar a dicir o noso nome e a nosa idade, os números do 1 ao 20, os días da semana, o abecedario e, para rematar, o verbo CAN. Comezamos?
WHAT'S YOUR NAME?
Un vídeo moi sinxeliño!
Unha pequena ficha sobre o nome e a nosa idade, para poder presentarnos.
What's your name and how old are you, una ficha interactiva de FloriRocca
liveworksheets.com
HOW OLD ARE YOU?
WHAT'S YOUR NAME?
Un vídeo moi sinxeliño!
Unha pequena ficha sobre o nome e a nosa idade, para poder presentarnos.
liveworksheets.com
HOW OLD ARE YOU?
Para comezar temos un pequeno vídeo do Captain Hook and Peter Pan.
E de seguido unha ficha interactiva moi, moi fácil!
How old are you?, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
liveworksheets.com
DAYS OF THE WEEK
Esta canción xa a sabedes de memoria! Lembrade que na aula comezamos a canción por Monday, tal e como está no noso calendario. Sen embargo os ingleses comezan polo Sunday (domingo).
Logo de escoitar a canción, e para repasar, propóñovos unha fichiña moi pequena que sabedes facer case cos ollos pechados!
The days of the week, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
liveworksheets.com
NUMBERS FROM 1 TO 20
Outra das nosas cancións da aula! A cantala con enerxía!
Unha actividade para unir cada número coa súa correspondente escritura!
Numbers 1-20, una ficha interactiva de Tg
liveworksheets.com
liveworksheets.com
ABC ROCK!
Unha canción que podedes cantar todos xuntos na casa!
E un listening para escoller a letra correcta.
The alphabet, una ficha interactiva de lorenagarcia
liveworksheets.com
liveworksheets.com
CAN/CAN'T!
Para comezar temos unha pequena historia... Poderán ou non poderán os nenxs e xs animais facer as cousas das que falan?
E para rematar por esta semana, unha pequeniña actividade para repasar animais e, por suposto, o verbo CAN.
Can animals do this (Can or can't), una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Un bico e unha aperta moi, moi grande para todxs vós!
Teacher Lucía.
_____________________________________
Welcome! Propostas de traballo para a semana do 14 de abril.
Como estades? Agardo, de corazón, que vós e as vosas familias esteades todos ben.
Para que traballedes as emocións, creei un vídeo como os que traballamos na clase para que aprendades mentras xogades.
Ademais, propóñovos varias tarefas das partes da casa, que podedes descargar pinchando aquí!
Calquera dúbida ou aclaración, escribídeme ao meu correo: lucialouzaobrey@edu.xunta.es
Un bico e unha aperta moi grande a todas e todos! Pasade unha moi boa semana.
Teacher Lucía.
_________________________________________
GOOD MORNING!
Para esta semana do 30 de marzo ao 3 de abril toca...
Repaso das cancións que coñecemos!
1. NUMBERS 1-20
2. THE ALPHABET
MONDAY/LUNS: REPASO DAS UNIDADES 1 e 2
- Fichas repaso das ACTIVITIES e MEANS OF TRANSPORT
- Xogos: MEANS OF TRANPORT
- Repasamos os números:
WEDNESDAY/MÉRCORES: REPASO DAS UNIDADES 3 e 4
- Fichas repaso das PARTS OF THE HOUSE e ANIMALS
- Xogos interactivos: PARTS OF THE HOUSE PREPOSITIONS
Comentarios
Publicar un comentario