GOOGLE CLASSROOM
Estimadas
familias:
Como xa vos
indiquei nos emails que vos enviei, vouvos propoñer que usemos unha ferramenta
que nos vai permitir estar máis preto e nos vai facilitar o traballo nestes
días. Trátase de GOOGLE CLASSROOM, unha aplicación de google na que
se poden subir os mesmos contidos ca no blog e, no caso de actividades
interactivas, ver como o fan xs pequenxs sen que vós teñades que enviarme nada
a maiores. Algúns de vós comentástesme que non erades capaces de enviarme as
fichas interactivas e así solucionamos ese problema.
Xa vos
engadín eu a cada un de vós, coas contas de correo que facilitastes ao centro a
comezos de curso. Nalgún caso mesmo se fixeron rectificacións.
Por favor, AVISÁDEME
SE NON RECIBISTES O CORREO NA VOSA CONTA OU PRECISADES QUE VOLA ENVÍE A OUTRA
DIRECCIÓN. Podedes mandarme un email ao meu gmail: lucialouzaobrey@gmail.com , pois é a conta que utilizo para xestionar Google Class.
Por se vos queredes
inscribir vós mesmos, aquí vos deixo o procedemento:
1º: Entrar en https://classroom.google.com/
2º: Iniciades sesión cunha conta de correo electrónico
que teñades xa (de gmail); se queredes podedes facer unha conta para o
alumno/a, pero non é necesario.
3º: en “crear una clase” o “unirse a una clase” (no
signo +), elixides “unirse a una clase” e insertamos o código da clase
correspondente.
Códigos para cada unha das clases:
I
nfantil CODIGO: h5vbm2i
1º CÓDIGO: ym5id7j
2º CÓDIGO: fu3et5p
3º CÓDIGO: ujpqxwn
4º CÓDIGO: fws63bw
5º CÓDIGO: galtmdm
6º CÓDIGO: e3ekbs4
Un cordial saúdo e moito ánimo a todas as familias!
Teacher
Lucía.
Comentarios
Publicar un comentario