Propostas de traballo para a semana do 20 de abril. 

Hi, everyone! Que tal van os días? A pesares de que a situación se está facendo pesada, non esquezades que todo pasa e que todas as mestras e mestres temos un montón de ganas de volver a compartir os días con vós, para aprender, tanto eu de vós como vós de min, para rir, para que me contedes as vosas historias, as anécdotas, e para que xuntos e xuntas aprendamos un pouco máis de inglés. 
Nas propostas desta semana inclúo moitas cousas que xa vimos na aula: Sports (and DO, PLAY and GO), o Present Continuous e, por último, There is/are xunto co uso de SOME e ANY. Comezamos?


SPORTS: GO, PLAY, DO
Imos comezar vendo un vídeo que coido que vos vai facer gracia. Trátase dunha parella que nos vai falar das actividades que realizan (ben ou mal...). Vémolo?

De seguido unha actividade interactiva para repasar o que xa sabemos. 

Go-do-play, una ficha interactiva de Natasabudva
liveworksheets.com



PRESENT CONTINUOUS
Acordádesvos do presente contínuo? Utilizabámolo para as actividades que estabamos realizando no momento. "Estou escoitando música", "Estou vendo a tele", "Estou xogando"... 
Imos comezar vendo un vídeo de debuxos de Mr. Bean. 


Despois imos facer unha pequena ficha interactiva. 

Present continuous, una ficha interactiva de Ednardo
liveworksheets.com



THERE IS / THERE ARE / SOME /ANY
Coma antes, comezamos vendo un vídeo. É de debuxos, prestade atención aos diálogos e a como utilizan o SOME e o ANY.


Para rematar, unha actividade interactiva que de seguro que podedes facer case cos ollos pechados. 




Un bico e unha aperta moi grande para todas e todos vós!
Teacher Lucía. 



___________________________________________

Welcome back! Propostas de traballo para a semana do 14 de abril. 

Como estades? Agardo de corazón que vós e as vosas familias esteades ben. Como todas as cousas, todo chega e todo pasa, e isto pasará, volveremos a vernos con moita enerxía!

Así que, mentres tanto, déixovos trabllo para estes días.

Para comezar, elaborei un vídeo como os xa traballados na aula. Este é da película de Madagascar 3, que vos servirá para traballar vocabulario dos animais así como comparativos e superlativos.



Para continuar, podedes contestar este cuestionario de Google Forms, que vos servirá para seguir co traballo da Unit 4. Unha vez que o rematedes, xa teredes o resultado de forma instantánea.


Para rematar, déixovos unha ficha interactiva que podedes facer para traballar e reforzar os contidos que xa vimos.

Calquera dúbida ou aclaración, escribídeme ao meu correo: lucialouzaobrey@edu.xunta.es 



Sen máis, un bico e unha aperta moi grandes para todas e todos vós!

Teacher Lucía.

_______________________________________




Hello everyone!

Para amenizarvos a semana do 30 de marzo ao 2 de abril, propóñovos as seguintes actividades:

Deixovos varios arquivos con actividades da Unit 1, da Unit 2, da Unit 3 e da Unit 4. Dese xeito, repasamos todo o visto ata o momento. Non tedes que facelo todo nun día, lembrade que coñecedes os contidos. 

UNIT 1

UNIT 2
UNIT 3
UNIT 4


Por último, se queredes xogar tedes esta páxina que ofrece todos os seus contidos de forma gratuita durante a corentena: KOALATEXT.COM

Comentarios

Publicacións populares deste blog

LET'S STAY AT HOME

Home is safe!

QUARANTINE TIME!