Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

GOOGLE CLASSROOM

Imaxe
Estimadas familias: Como xa vos indiquei nos emails que vos enviei, vouvos propoñer que usemos unha ferramenta que nos vai permitir estar máis preto e nos vai facilitar o traballo nestes días. Trátase de  GOOGLE CLASSROOM , unha aplicación de google na que se poden subir os mesmos contidos ca no blog e, no caso de actividades interactivas, ver como o fan xs pequenxs sen que vós teñades que enviarme nada a maiores. Algúns de vós comentástesme que non erades capaces de enviarme as fichas interactivas e así solucionamos ese problema. Xa vos engadín eu a cada un de vós, coas contas de correo que facilitastes ao centro a comezos de curso. Nalgún caso mesmo se fixeron rectificacións. Por favor, AVISÁDEME SE NON RECIBISTES O CORREO NA VOSA CONTA OU PRECISADES QUE VOLA ENVÍE A OUTRA DIRECCIÓN . Podedes mandarme un email ao meu gmail: lucialouzaobrey@gmail.com , pois é a conta que utilizo para xestionar Google Class. Por se vos queredes inscribir vós mesmos, aquí vos dei...

Home is safe!

Imaxe
Ola a todas e todos! Os días seguen sumando, todos estamos lonxe os uns dos outros pero as tecnoloxías permítennos manternos preto: videochamadas, fotos, vídeos, retos... A pesares disto, os mestres e as mestras do cole queremos mandarvos mensaxes de ánimo. Xa falta menos para que todas e todos nos volvamos ver. Sabemos que os momentos que estamos a vivir poden ocasionar situacións desagradables, pero todos debemos poñer o noso pequeniño gran de area para evitalas na medida do posible. Moito ánimo a todas as familias do alumnado do cole! Os aplausos van para vós. Tedes en cada sección do blog as propostas de traballo para esta semana. Calquera dúbida: lucialouzaobrey@edu.xunta.es Un saúdo moi grande a todas e todos vós! Teacher Lucía.

This too shall pass!

Imaxe
Hi everyone! Como estades? Agardo que tanto os e as alumnxs como as familias esteades ben. Son momentos duros para todxs nós. Momentos nos que predomina a incertidume ou o medo. Pero como di a imaxe: isto tamén pasará. Volveremos a vernos, a disfrutar, a sair, a xuntarnos... pero mentres tanto #euquedonacasa. Isto freámolo entre todxs! Nas diferentes seccións do blog atoparedes as actividades para esta semana. Un bico moi forte a todxs! Teacher Lucía.