Publicacións

GOOGLE CLASSROOM

Imaxe
Estimadas familias: Como xa vos indiquei nos emails que vos enviei, vouvos propoñer que usemos unha ferramenta que nos vai permitir estar máis preto e nos vai facilitar o traballo nestes días. Trátase de  GOOGLE CLASSROOM , unha aplicación de google na que se poden subir os mesmos contidos ca no blog e, no caso de actividades interactivas, ver como o fan xs pequenxs sen que vós teñades que enviarme nada a maiores. Algúns de vós comentástesme que non erades capaces de enviarme as fichas interactivas e así solucionamos ese problema. Xa vos engadín eu a cada un de vós, coas contas de correo que facilitastes ao centro a comezos de curso. Nalgún caso mesmo se fixeron rectificacións. Por favor, AVISÁDEME SE NON RECIBISTES O CORREO NA VOSA CONTA OU PRECISADES QUE VOLA ENVÍE A OUTRA DIRECCIÓN . Podedes mandarme un email ao meu gmail: lucialouzaobrey@gmail.com , pois é a conta que utilizo para xestionar Google Class. Por se vos queredes inscribir vós mesmos, aquí vos deixo o

Home is safe!

Imaxe
Ola a todas e todos! Os días seguen sumando, todos estamos lonxe os uns dos outros pero as tecnoloxías permítennos manternos preto: videochamadas, fotos, vídeos, retos... A pesares disto, os mestres e as mestras do cole queremos mandarvos mensaxes de ánimo. Xa falta menos para que todas e todos nos volvamos ver. Sabemos que os momentos que estamos a vivir poden ocasionar situacións desagradables, pero todos debemos poñer o noso pequeniño gran de area para evitalas na medida do posible. Moito ánimo a todas as familias do alumnado do cole! Os aplausos van para vós. Tedes en cada sección do blog as propostas de traballo para esta semana. Calquera dúbida: lucialouzaobrey@edu.xunta.es Un saúdo moi grande a todas e todos vós! Teacher Lucía.

This too shall pass!

Imaxe
Hi everyone! Como estades? Agardo que tanto os e as alumnxs como as familias esteades ben. Son momentos duros para todxs nós. Momentos nos que predomina a incertidume ou o medo. Pero como di a imaxe: isto tamén pasará. Volveremos a vernos, a disfrutar, a sair, a xuntarnos... pero mentres tanto #euquedonacasa. Isto freámolo entre todxs! Nas diferentes seccións do blog atoparedes as actividades para esta semana. Un bico moi forte a todxs! Teacher Lucía.

LET'S STAY AT HOME

Imaxe
Hello everyone! How are you doing? Hope you are happy in this quarantine! Neste blogue poderedes atopar os exercicos propostos nas páxinas de cada curso para os días que non teñamos clase.  Podedes poñervos en contacto conmigo para calquera dúbida na dirección de correo: lucialouzaobrey@edu.xunta.es Progresivamente ireivos subindo contido a este blog. Consultádeo de vez en cando para ver se hai novidades. Biquiños a todas e todos! Bótasevos moito de menos. Teacher Lucía. 

QUARANTINE TIME!

Imaxe
GOOD MORNING EVERYONE! Que tal estades todas e todos? Agardo que vos estedes portando ben na casa, colaborando para que os días pasen máis rápido e axudando no que vos piden.  Nesta entrada poderedes atopar traballo para estas dúas semanas. Tedes traballo todos os cursos, desde 1º ata 6º.  En cada documento aparecen, distribuídos por datas, os traballos (fichas, cancións, xogos, películas...) que poderedes realizar. En todos os documentos aparecen enlaces (en azul e subliñados) para que cliquedes encima deles e xa vos leva á páxina web indicada. As fichas, como xa vos indico ao comezo, podedes imprimilas (de dispoñer dunha impresora na casa) ou facelas nun folio ou libreta. Unha aperta a todxs! Bótasevos de menos.  Calquera dúbida que teñades, contactademe no email: lucialouzaobrey@edu.xunta.es Vémonos pronto,  Teacher Lucía.  Actividades 1º Actividades 2º Actividades 3º Actividades 4º Actividades 5º Actividades 6º